Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2019

Xornalistas en acción (5ºB)

Boas tardes a todas e a todos, Hoxe na aula de 5ºB fixémonos pasar por xornalistas onde todos e todas expusemos unha entrevista que nos mesmos elaboramos. A nosa profe fixo o papel da persoa entrevistada. Foi moi interesante, vexan os vídeos e compróbeno. Non ten desperdicio :) Dentro videooooo....

Feliz día do libro

Os bolechas

Boas a todos e a todas, xa estamos de volta cargadiños de enerxía para rematar este trimestre. Hoxe mentres os nosos compañeiros e compañeiras de coro tiñan que sair de clase para ensaiar, aproveitamos para comezar a pintar os bolechas do noso proxecto do cole (debuxados pola profe Leti, que é unha artista). Empregaranse para decorar diferentes espazos do cole.  De momento estamos en proceso 😊

Felices vacacións!

Boa tarde a todos e a todas, simplemente desexarvos felices vacacións, e non esquezades facer os deberes😊 A desfrutar do tempo libre 😘

Educación Física e atención

Esta semana estivemos moi activos en Educación Física, tanto física como mentalmente.  As actividades que fixemos facían que nos movéramos pero a vez que tivéramos que pensar un pouquiño a estratexia para gañar.  Aquí vos deixamos os exemplos :) Tres en raia: Pedra, papel e tesoiras: Coordinación co equipo: 

Charla sobre a igualdade

Boas tardes, xa estamos no ecuador da semana, e cada vez queda menos para as tan desexadas vacacións de Semana Santa. Que rápido está pasando o curso! Nun abrir e pechar de ollos xa estamos rematando quinto.  Hoxe as 11 da mañá tivemos unha charla moi interesante sobre a igualdade e o feminismo. Esta charla foi dada pola persoa encargada do tema de igualdade no Concello de Cee, e foi no salón de actos do noso centro.  Fixéronnos reflexionar moito sobre a nosa  sociedade, e sobre os micromachismos que vivimos día a día.  Queriamos ensinarvos un vídeo que vimos durante a charla que nos gustaría trasmitir a todos e a todas vos, xa que pensamos que a educación en valores é moi importante.  Deixámosvos por aquí algunhas fotos nosas atendendo a charla :)

As tres erres

Ola de novo... Gustaríame ensinarvos un vídeo sobre o noso tema deste proxecto xermoliño:  a reciclaxe.  Os bolechas explicannos a importancia das tres erres: reciclar, reutilizar e reducir.  É un video moi divertido que o explica moi ben e que podedes ensinar aos vosos amigos, amigas e familiares, para informarlle un pouco máis sobre este proceso tan importante para o noso futuro.  Vémonos no cole :)  Para ver o vídeo pinchade no seguinte enlace: Os bolechas: as tres erres

Hoxe repasamos lingua co Kahoot (5ºB)

Boas tardes de martes :) Na nosa aula comezamos a facer unha actividade moi interesante para repasar os contidos dos temas. Trátase dunha actividade que realizamos coa pizarra dixital e cunhas plantillas plastificadas reutilizables, para así aforrar o consumo de papel na nosa aula.  É un xogo de preguntas tipo test, que deben contestar nun tempo determinado.  Imos mostrarvos un vídeo de como o facemos.  É moi divertido :) 

Rincóns de 5ºB

Boa tarde de luns :) En 5ºB hoxe tivemos un día moi axetreado, xa que estivemos colocando os "rincóns" que a profe nos preparou para clase.

Comezamos proxecto :)

Bos días :) Hoxe   comentamos con todos os alumnos e alumnas de 5º as propostas de actividades que levaremos a cabo neste proxecto  Xermoliño,  onde levaremos a cabo a temática da reciclaxe. Para esta temática temos varias ideas en mente, e para todas elas necesitamos diversos materiais reciclados. De momento non podemos contarvos que é o que estamos a tramar, xa que é unha sorpresa que iremos contando pouco a pouco :) Gústanos deixarvos coa intriga ... A lista de materiais, que debemos traer entre todos e todas a clase para poder levar a cabo a nosa parte do proxecto son os seguintes: - Hueveras (sérvennos de diferentes tamaños) - Botellas de auga (deben ser todas do mesmo tamaño. Comentaremos en clase o tamaño da botella.) - Caixas de cartón (Pódennos servir diferentes tamaños, xa que as necesitamos para varias ideas, pero concretaremos cantas necesitamos para non acumular moitas na aula).

Ola a todos e todas!

Boas a todos e todas :)  Antes de nada, imos ser educados e ímonos a presentar. Somos as clases de 5ºA e 5ºB do colexio Manuela Rial Mouzo. Estamos comezando novo trimestre e como vedes, novos proxectos.  Comezamos con dous proxectos moi especiais para nós:  - Imos comezar a traballar o proxecto "Xermoliño" , enmarcado no Plan Proxecta. É un proxecto que levamos a cabo entre todos os compañeiros e compañeiras do colexio, desde Educación Infantil ata Educación Primaria, relacionado cos alimentos vivos e en relación ao proxecto do ano pasado.  A nosa función neste proxecto é aprender e poder ensinarvos moitas cousas sobre a reciclaxe. Animádesvos a quedar connosco para saber todo o que imos pescudando ao longo do trimestre? :) - Outro proxecto moi especial é este blogue. É  algo que nos fai moita ilusión, porque ademais de poder mostrar todo o que facemos no cole relacionado co proxecto tamén vos ensinaremos materiais e actividades moi guais que imos facendo nas diferentes