Boas a todos e a todas, xa estamos de volta cargadiños de enerxía para rematar este trimestre. Hoxe mentres os nosos compañeiros e compañeiras de coro tiñan que sair de clase para ensaiar, aproveitamos para comezar a pintar os bolechas do noso proxecto do cole (debuxados pola profe Leti, que é unha artista). Empregaranse para decorar diferentes espazos do cole.
De momento estamos en proceso 😊