Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2019

Clases no patio

Bo día, esta mañá pasamos moita calor na nosa aula asique decidimos ir a dar as clases de lengua e de inglés ao patio, aproveitando a sombra das nosas fermosas árbores. 

Mascota do proxecto: Reciclator

Bo día, presentámosvos a nosa mascota do proxecto. Non diredes que non temos imaxinación? Cun caixa de cartón e algún que outro material reciclado que tíñamos pola casa fixemos ao noso gran compañeiro Reciclator. Que vos parece? Aquí ainda non estaba rematado, xa que estaba sen mans e descalzo, pobriño! E tacháaaan! Aquí o noso novo compi. Presentámosvos a Reciclator :) E camiña e todo, que listiño nos saleu :)

Programa: Separar con xeito!

Boas tardes, este domingo 2 de xuño estará no mercado de Cee a representación do programa Separar con Xeito, que promove a Xunta de Galicia, para fomentar a reciclaxe e traballar de forma conxunta entre toda a sociedade.

Separamos o lixo da aula e poñémolo no contenedor correspondente

Hoxe na aula de 5B tivemos que vaciar as nosas papeleiras xa que xa as tiñamos cheíñas. A de orgánico aínda está case vacía pero estas semanas co proxecto “Froitas na escola” logo a enchemos. Raquel e Carme foron as encargadas de tirar o lixo nos contenedores apropiados. O plástico no amarelo e o papel no azul. Estamos moi ledos por levar a cabo o noso proxecto e fomentar o desenvolvemento sostible. Ata a próxima 😊

NOTICIAS SOBRE O RECICLAXE

Boas tardes, hoxe na hora de lingua castelá estivemos expoñendo as nosas noticias. Elaboramos diferentes noticias sobre o medio ambiente e o reciclaxe.  Damos paso ao noticieiro de 5ºB :)

LETRAS GALEGAS... AMODIÑO :)

Bo día festivo na nosa terriña.  Hoxe, día das letras galegas queremos ensinarvos a nosa actuación de onte no cole. Estivemos versionando a famosa canción de "Despacito" na nosa lingua coa temática do tempo libre dos rapaces e rapazas.  Pasámolo pipa! Aquí tedes a letra por se queredes botarlle un vistazo, ou aprendela :) AAAYYYY QUINTOOO    AEB                                 OHHHH OUNO Si xa sei que teño que espabilarme ben Xa mo repetiches un montón Vin na túa mirada que estas apuntiñoo deee Chamarme de novo   a atencióoon LUNS, clases de mate,lingua, inglés e reforzoo Logo chego a casa e teño que estudar A ver se me entra o tema rapidiñooo Aaaai xa me está chegando a hora de cear Preparo a mochila e voume a deitar Chego a miña cama ben reventadiño Amodiño Necesito tempo pra estar cos amigos Desfrutar agora que ainda son cativo Iso é o único que eu preciso Amodiñoo Sabes que quero pasar tempo contigo Xa verás prometo que é mo

Papeleras recicladas!

Boas tardes a todas e a todos. Queremos ensinarvos o noso traballo destes últimos días. Construímos estas papeleras para poder levar a cabo a reciclaxe na nosa aula. Ademais empregamos os nosos coñecementos de Ciencias sociais sobre as 3 R: reducir, reutilizar e reciclar. Deste xeito, construímos as papeleiras reutilizando as diferentes botellas e hueveras que fomos traendo a clase nas últimas semanas. Despois pintámolas de diferentes cores para poder diferencialas. Encantounos facer isto xa que o fixemos en equipos, e a gústanos moito traballo de forma cooperativa. E así é o resultado final, agora xa estamos listos para reciclar :)