Saltar ao contido principal

Publicacións

Última entrada publicada

BOAS VACACIÓNS

Chegaron as ansiadas vacacións de verán, espero que as desfrutedes moito e sobre todos que sexades uns e unhas bos/boas nenos/as :) Cargade ben as pilas para a volta. Quen queira deberes de verán aquí tedes unha lista recomendada :)
Publicacións recentes

Hoxe tivemos visita de infantil 😊

Bo día, este curso esta a piques de rematar, xa non queda nada. Hoxe na exposición do cole tivemos a visitar dos nosos nenos de infantil. Estivémoslle explicando un pouco de que trataba o noso proxecto.

Preparando a exposición!

Boas tardes a todos e a todas :) Esta mañá estivemos preparando o noso rinconciño na exposición do cole. A verdade é que todos e todas debedes vir a visitar a exposición o venres, xa que a profe Leti (entre outros/as mestres/as) está deixando a exposición preciosa! Colocamos todos os materiais e preparamos as explicacións, xa que o venres teremos representantes de quinto no noso posto, concretamente Martina, Alejandro, Javi, Carme, Fran e Sara Fernández. Eles e elas estarán explicando en todo momento todo o noso traballo ao longo deste trimestre. Aquí vos deixamos algunhas imaxes de como vai quedando :)

Campeóns de quinto!

Hoxe, na carreira de obstáculos de Dumbría,  alumnos de quinto correron como auténticos campeóns! Que orgullo de alumnos/a 😊

Skateball!

Esta mañá estivemos elaborando unha nova versión do xogo "Hokey", a partir de materiais reciclados. O bastón, fixémolo con cartón, un pao de vasoira, papel de xornal e cinta americana. E os patíns son botellas recortadas e decoradas. Aquí vos deixamos unhas imaxes, da elaboración e do resultado final :) Sempre se pode buscar unha alternativa sostible aos xogos e as actividades :)

Correo Gallego

Boas tardes, deixovos por aquí o link da nova que saiu publicado esta mañá, no Correo Gallego, sobre a nosa actividade de limpeza da praia da Concha. https://www.elcorreogallego.es/area-de-compostela/ecg/solidariedade-ambiental-liberar-lixo-praias-portos-cee-malpica/idEdicion-2019-06-13/idNoticia-1188350/ Grazas, isto xa está rematando :)

Videoclip CALMA "A nosa versión de Calma"

Boa tarde, estas semanas están sendo moi movidiñas, xa que entre rematar todos os traballos que queremos presentar na exposición de fin de curso, revisar os medios xornalísticos e rematar a materia que nos queda por dar, estamos que case non podemos respirar. Pero o importante é que estamos moi orgullosos do traballo feito durante estes meses. Por iso, queremos amenizarvos algo a xornada e ensinarvos o noso videoclip, da nosa versión: Recicla, da canción Calma de Pedro Capó.