Saltar ao contido principal

Skateball!

Esta mañá estivemos elaborando unha nova versión do xogo "Hokey", a partir de materiais reciclados.
O bastón, fixémolo con cartón, un pao de vasoira, papel de xornal e cinta americana.
E os patíns son botellas recortadas e decoradas.
Aquí vos deixamos unhas imaxes, da elaboración e do resultado final :)























Sempre se pode buscar unha alternativa sostible aos xogos e as actividades :)

Publicacións populares deste blog

Saímos nos medios....

Bo día, estamos moi ilusionados, xa que saímos nos medios, e de feito, en máis de un. Aquí vos deixamos as novas: - A Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/cee/2019/06/12/ninos-cpr-manuela-rial-limpiaron-praia-da-concha-cee/0003_201906C12C5994.htm - Que Pasa na Costa: que nos fixeron portada do día de hoxe. https://www.quepasanacosta.gal/articulo/cee/alumnado-do-manuela-rial-conciencia-toda-cidadania-limpando-praia-da-concha/20190612075545110543.html - NH diario: https://nhdiario.es/es/los-alumnos-del-colegio-manuela-rial-de-cee-concienciados-con-el-medio-ambiente/ Ademais, contannos que onte saimos, sobre as sete da tarde, en Nova hit. E hoxe as 08:35 na Cadena Ser (Radio Nordés). Esperemos conseguir o audio nos próximos días. Estamos pendentes tamén do Correo Gallego, que publicara nos vindeiros días.

Preparando a exposición!

Boas tardes a todos e a todas :) Esta mañá estivemos preparando o noso rinconciño na exposición do cole. A verdade é que todos e todas debedes vir a visitar a exposición o venres, xa que a profe Leti (entre outros/as mestres/as) está deixando a exposición preciosa! Colocamos todos os materiais e preparamos as explicacións, xa que o venres teremos representantes de quinto no noso posto, concretamente Martina, Alejandro, Javi, Carme, Fran e Sara Fernández. Eles e elas estarán explicando en todo momento todo o noso traballo ao longo deste trimestre. Aquí vos deixamos algunhas imaxes de como vai quedando :)

BOAS VACACIÓNS

Chegaron as ansiadas vacacións de verán, espero que as desfrutedes moito e sobre todos que sexades uns e unhas bos/boas nenos/as :) Cargade ben as pilas para a volta. Quen queira deberes de verán aquí tedes unha lista recomendada :)