Que día tan axetreado!
Esta mañá fomos a facer unha labor moi dura, limpar a praia da Concha, en Cee. Decidimos limpar todo o lixo que alí atopábamos (moito máis do esperado), xa que o 8 de xuño, foi o Día Mundial dos Oceanos. Ademáis está moi relacionado co noso proxecto deste curso.
Con esta actividade tamén levamos a cabo un challenge (ou un reto) que se está a promover nas redes sociais. O challenge consiste en que o máximo número de persoas limpen as praias das nosas costas e promocionar o desenvolvemento sostible. E como nos gustan tanto os retos, e para un que era realmente útil, decidimos facelo.
Cando rematamos, chamamos ao Concello de Cee para ver se nos podía axudar a recoller todo o lixo recollido, e temos que recoñecer, que foron rapidísimos, en 5 minutos estaban recollendo todo.
Na volta a clase, viñemos cantando o noso Hit "Recicla" para concienciar a poboación.
Aquí vos deixamos unhas fotos do día :)