Saltar ao contido principal

Videoclip CALMA "A nosa versión de Calma"

Boa tarde, estas semanas están sendo moi movidiñas, xa que entre rematar todos os traballos que queremos presentar na exposición de fin de curso, revisar os medios xornalísticos e rematar a materia que nos queda por dar, estamos que case non podemos respirar. Pero o importante é que estamos moi orgullosos do traballo feito durante estes meses.
Por iso, queremos amenizarvos algo a xornada e ensinarvos o noso videoclip, da nosa versión: Recicla, da canción Calma de Pedro Capó.

Publicacións populares deste blog

BOAS VACACIÓNS

Chegaron as ansiadas vacacións de verán, espero que as desfrutedes moito e sobre todos que sexades uns e unhas bos/boas nenos/as :) Cargade ben as pilas para a volta. Quen queira deberes de verán aquí tedes unha lista recomendada :)

Limpeza da praia da Concha

Que día tan axetreado! Esta mañá fomos a facer unha labor moi dura, limpar a praia da Concha, en Cee. Decidimos limpar todo o lixo que alí atopábamos (moito máis do esperado), xa que o 8 de xuño, foi o Día Mundial dos Oceanos. Ademáis está moi relacionado co noso proxecto deste curso.  Con esta actividade tamén levamos a cabo un challenge (ou un reto) que se está a promover nas redes sociais. O challenge consiste en que o máximo número de persoas limpen as praias das nosas costas e promocionar o desenvolvemento sostible. E como nos gustan tanto os retos, e para un que era realmente útil, decidimos facelo.  Cando rematamos, chamamos ao Concello de Cee para ver se nos podía axudar a recoller todo o lixo recollido, e temos que recoñecer, que foron rapidísimos, en 5 minutos estaban recollendo todo.  Na volta a clase, viñemos cantando o noso Hit "Recicla" para concienciar a poboación. Aquí vos deixamos unhas fotos do día :) ...

Preparando a exposición!

Boas tardes a todos e a todas :) Esta mañá estivemos preparando o noso rinconciño na exposición do cole. A verdade é que todos e todas debedes vir a visitar a exposición o venres, xa que a profe Leti (entre outros/as mestres/as) está deixando a exposición preciosa! Colocamos todos os materiais e preparamos as explicacións, xa que o venres teremos representantes de quinto no noso posto, concretamente Martina, Alejandro, Javi, Carme, Fran e Sara Fernández. Eles e elas estarán explicando en todo momento todo o noso traballo ao longo deste trimestre. Aquí vos deixamos algunhas imaxes de como vai quedando :)