Saltar ao contido principal

Separamos o lixo da aula e poñémolo no contenedor correspondente

Hoxe na aula de 5B tivemos que vaciar as nosas papeleiras xa que xa as tiñamos cheíñas. A de orgánico aínda está case vacía pero estas semanas co proxecto “Froitas na escola” logo a enchemos.
Raquel e Carme foron as encargadas de tirar o lixo nos contenedores apropiados.
O plástico no amarelo e o papel no azul.



Estamos moi ledos por levar a cabo o noso proxecto e fomentar o desenvolvemento sostible.
Ata a próxima 😊

Publicacións populares deste blog

BOAS VACACIÓNS

Chegaron as ansiadas vacacións de verán, espero que as desfrutedes moito e sobre todos que sexades uns e unhas bos/boas nenos/as :) Cargade ben as pilas para a volta. Quen queira deberes de verán aquí tedes unha lista recomendada :)

Preparando a exposición!

Boas tardes a todos e a todas :) Esta mañá estivemos preparando o noso rinconciño na exposición do cole. A verdade é que todos e todas debedes vir a visitar a exposición o venres, xa que a profe Leti (entre outros/as mestres/as) está deixando a exposición preciosa! Colocamos todos os materiais e preparamos as explicacións, xa que o venres teremos representantes de quinto no noso posto, concretamente Martina, Alejandro, Javi, Carme, Fran e Sara Fernández. Eles e elas estarán explicando en todo momento todo o noso traballo ao longo deste trimestre. Aquí vos deixamos algunhas imaxes de como vai quedando :)

Skateball!

Esta mañá estivemos elaborando unha nova versión do xogo "Hokey", a partir de materiais reciclados. O bastón, fixémolo con cartón, un pao de vasoira, papel de xornal e cinta americana. E os patíns son botellas recortadas e decoradas. Aquí vos deixamos unhas imaxes, da elaboración e do resultado final :) Sempre se pode buscar unha alternativa sostible aos xogos e as actividades :)