Saltar ao contido principal

Papeleras recicladas!

Boas tardes a todas e a todos.
Queremos ensinarvos o noso traballo destes últimos días. Construímos estas papeleras para poder levar a cabo a reciclaxe na nosa aula.
Ademais empregamos os nosos coñecementos de Ciencias sociais sobre as 3 R: reducir, reutilizar e reciclar. Deste xeito, construímos as papeleiras reutilizando as diferentes botellas e hueveras que fomos traendo a clase nas últimas semanas.



































Despois pintámolas de diferentes cores para poder diferencialas. Encantounos facer isto xa que o fixemos en equipos, e a gústanos moito traballo de forma cooperativa.























E así é o resultado final, agora xa estamos listos para reciclar :)

Publicacións populares deste blog

BOAS VACACIÓNS

Chegaron as ansiadas vacacións de verán, espero que as desfrutedes moito e sobre todos que sexades uns e unhas bos/boas nenos/as :) Cargade ben as pilas para a volta. Quen queira deberes de verán aquí tedes unha lista recomendada :)

Preparando a exposición!

Boas tardes a todos e a todas :) Esta mañá estivemos preparando o noso rinconciño na exposición do cole. A verdade é que todos e todas debedes vir a visitar a exposición o venres, xa que a profe Leti (entre outros/as mestres/as) está deixando a exposición preciosa! Colocamos todos os materiais e preparamos as explicacións, xa que o venres teremos representantes de quinto no noso posto, concretamente Martina, Alejandro, Javi, Carme, Fran e Sara Fernández. Eles e elas estarán explicando en todo momento todo o noso traballo ao longo deste trimestre. Aquí vos deixamos algunhas imaxes de como vai quedando :)

Correo Gallego

Boas tardes, deixovos por aquí o link da nova que saiu publicado esta mañá, no Correo Gallego, sobre a nosa actividade de limpeza da praia da Concha. https://www.elcorreogallego.es/area-de-compostela/ecg/solidariedade-ambiental-liberar-lixo-praias-portos-cee-malpica/idEdicion-2019-06-13/idNoticia-1188350/ Grazas, isto xa está rematando :)