Saltar ao contido principal

LETRAS GALEGAS... AMODIÑO :)

Bo día festivo na nosa terriña. 
Hoxe, día das letras galegas queremos ensinarvos a nosa actuación de onte no cole. Estivemos versionando a famosa canción de "Despacito" na nosa lingua coa temática do tempo libre dos rapaces e rapazas. 
Pasámolo pipa!




Aquí tedes a letra por se queredes botarlle un vistazo, ou aprendela :)

AAAYYYY QUINTOOO    AEB                                 OHHHH OUNO
Si xa sei que teño que espabilarme ben
Xa mo repetiches un montón
Vin na túa mirada que estas apuntiñoo deee
Chamarme de novo  a atencióoon
LUNS, clases de mate,lingua, inglés e reforzoo
Logo chego a casa e teño que estudar
A ver se me entra o tema rapidiñooo
Aaaai xa me está chegando a hora de cear
Preparo a mochila e voume a deitar
Chego a miña cama ben reventadiño
Amodiño
Necesito tempo pra estar cos amigos
Desfrutar agora que ainda son cativo
Iso é o único que eu preciso
Amodiñoo
Sabes que quero pasar tempo contigo
Xa verás prometo que é moi divertido
Acompañame a ser neno un momentiño
Non tomes a mal as cousas que che estou dicindo
Só che pido que comprendas
Que quero estar máis contigo
Deixame xogar contigo soo un ratiño 
Necesito algo de tempo
Para poder estar xuntiños
 VERSIÓN TRAP:
Se che pido tempo damo, eu sei que estas ocupado,
Levo tempo intentando
Mami faino faino faino, sabes que o  teu corazón comigo fai bam bam, sabes que o meu contigo tamen  fai bambam
Ven comigo para desfrutar a vida, quero quero quero ver canto amor ati  che cabe, non teñas prisa para que o tempo non acabe, empezamos lento e que o tempo pase.


Pouquiño a pouquiño, pase paseniño
 Vou ir madurando pero ao meu ritmo
Non me metas presa nin berres conmigo
tes que axudarme para estar conmigo
Pouquiño a pouquiño, pase paseniño
 Vou ir madurando pero ao meu ritmo
Só quero que comprendas que teño xentileza
Senon volvereime tolo da cabeza
Amodiño
Necesito tempo pra estar cos amigos
Desfrutar agora que ainda son cativo
Iso é o único que eu preciso 
Amodiño
Necesito tempo para estar contigo
Desfrutar agora que ainda son cativo
Iso é o único que eu preciso

Publicacións populares deste blog

Limpeza da praia da Concha

Que día tan axetreado! Esta mañá fomos a facer unha labor moi dura, limpar a praia da Concha, en Cee. Decidimos limpar todo o lixo que alí atopábamos (moito máis do esperado), xa que o 8 de xuño, foi o Día Mundial dos Oceanos. Ademáis está moi relacionado co noso proxecto deste curso.  Con esta actividade tamén levamos a cabo un challenge (ou un reto) que se está a promover nas redes sociais. O challenge consiste en que o máximo número de persoas limpen as praias das nosas costas e promocionar o desenvolvemento sostible. E como nos gustan tanto os retos, e para un que era realmente útil, decidimos facelo.  Cando rematamos, chamamos ao Concello de Cee para ver se nos podía axudar a recoller todo o lixo recollido, e temos que recoñecer, que foron rapidísimos, en 5 minutos estaban recollendo todo.  Na volta a clase, viñemos cantando o noso Hit "Recicla" para concienciar a poboación. Aquí vos deixamos unhas fotos do día :) ...

Saímos nos medios....

Bo día, estamos moi ilusionados, xa que saímos nos medios, e de feito, en máis de un. Aquí vos deixamos as novas: - A Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/cee/2019/06/12/ninos-cpr-manuela-rial-limpiaron-praia-da-concha-cee/0003_201906C12C5994.htm - Que Pasa na Costa: que nos fixeron portada do día de hoxe. https://www.quepasanacosta.gal/articulo/cee/alumnado-do-manuela-rial-conciencia-toda-cidadania-limpando-praia-da-concha/20190612075545110543.html - NH diario: https://nhdiario.es/es/los-alumnos-del-colegio-manuela-rial-de-cee-concienciados-con-el-medio-ambiente/ Ademais, contannos que onte saimos, sobre as sete da tarde, en Nova hit. E hoxe as 08:35 na Cadena Ser (Radio Nordés). Esperemos conseguir o audio nos próximos días. Estamos pendentes tamén do Correo Gallego, que publicara nos vindeiros días.