Saltar ao contido principal

Charla sobre a igualdade

Boas tardes, xa estamos no ecuador da semana, e cada vez queda menos para as tan desexadas vacacións de Semana Santa. Que rápido está pasando o curso! Nun abrir e pechar de ollos xa estamos rematando quinto. 

Hoxe as 11 da mañá tivemos unha charla moi interesante sobre a igualdade e o feminismo. Esta charla foi dada pola persoa encargada do tema de igualdade no Concello de Cee, e foi no salón de actos do noso centro. 
Fixéronnos reflexionar moito sobre a nosa  sociedade, e sobre os micromachismos que vivimos día a día. 
Queriamos ensinarvos un vídeo que vimos durante a charla que nos gustaría trasmitir a todos e a todas vos, xa que pensamos que a educación en valores é moi importante. 



Deixámosvos por aquí algunhas fotos nosas atendendo a charla :)



Publicacións populares deste blog

BOAS VACACIÓNS

Chegaron as ansiadas vacacións de verán, espero que as desfrutedes moito e sobre todos que sexades uns e unhas bos/boas nenos/as :) Cargade ben as pilas para a volta. Quen queira deberes de verán aquí tedes unha lista recomendada :)

Preparando a exposición!

Boas tardes a todos e a todas :) Esta mañá estivemos preparando o noso rinconciño na exposición do cole. A verdade é que todos e todas debedes vir a visitar a exposición o venres, xa que a profe Leti (entre outros/as mestres/as) está deixando a exposición preciosa! Colocamos todos os materiais e preparamos as explicacións, xa que o venres teremos representantes de quinto no noso posto, concretamente Martina, Alejandro, Javi, Carme, Fran e Sara Fernández. Eles e elas estarán explicando en todo momento todo o noso traballo ao longo deste trimestre. Aquí vos deixamos algunhas imaxes de como vai quedando :)

Campeóns de quinto!

Hoxe, na carreira de obstáculos de Dumbría,  alumnos de quinto correron como auténticos campeóns! Que orgullo de alumnos/a 😊