Saltar ao contido principal

Xornalistas en acción (5ºB)

Boas tardes a todas e a todos,
Hoxe na aula de 5ºB fixémonos pasar por xornalistas onde todos e todas expusemos unha entrevista que nos mesmos elaboramos. A nosa profe fixo o papel da persoa entrevistada.
Foi moi interesante, vexan os vídeos e compróbeno. Non ten desperdicio :)
Dentro videooooo....



























































































Publicacións populares deste blog

Limpeza da praia da Concha

Que día tan axetreado! Esta mañá fomos a facer unha labor moi dura, limpar a praia da Concha, en Cee. Decidimos limpar todo o lixo que alí atopábamos (moito máis do esperado), xa que o 8 de xuño, foi o Día Mundial dos Oceanos. Ademáis está moi relacionado co noso proxecto deste curso.  Con esta actividade tamén levamos a cabo un challenge (ou un reto) que se está a promover nas redes sociais. O challenge consiste en que o máximo número de persoas limpen as praias das nosas costas e promocionar o desenvolvemento sostible. E como nos gustan tanto os retos, e para un que era realmente útil, decidimos facelo.  Cando rematamos, chamamos ao Concello de Cee para ver se nos podía axudar a recoller todo o lixo recollido, e temos que recoñecer, que foron rapidísimos, en 5 minutos estaban recollendo todo.  Na volta a clase, viñemos cantando o noso Hit "Recicla" para concienciar a poboación. Aquí vos deixamos unhas fotos do día :)

NOTICIAS SOBRE O RECICLAXE

Boas tardes, hoxe na hora de lingua castelá estivemos expoñendo as nosas noticias. Elaboramos diferentes noticias sobre o medio ambiente e o reciclaxe.  Damos paso ao noticieiro de 5ºB :)

Papeleras de reciclaxe para o patio :)

Como vos contábamos no post anterior, hoxe rematamos as nosas papeleiras de reciclaxe para o patio. Para poder elaboralas, empregamos 9 rodas, que limpamos, atornillamos e posteriormente pintamos como vedes nas imaxes.  Ademais, na nosa clase temos o privilexio, de constituír unha brigada de reciclaxe, que ten como obxectivo: concienciar sobre o reciclaxe, explicar aos máis pequenos/as como se recicla, e vixiar que todo o alumnado recolla e recicle para protexer e savagardar o noso medio.  Limpando as rodas, recen chegadas Seguimos limpando  As rodas atornilladas, coa axuda do noso preciado conserxe Suso, e algunha personiña que nos ven botar unha man. Hoxe tivemos que volver a limpalas, xa que estos días choveu moito Pequeno video do proceso :) Rodas pintadas Rodas cos carteis e con todo listo As nosas brigadas de hoxe listas para comezar coa súa labor!