Saltar ao contido principal

Ola a todos e todas!

Boas a todos e todas :) 


Antes de nada, imos ser educados e ímonos a presentar. Somos as clases de 5ºA e 5ºB do colexio Manuela Rial Mouzo. Estamos comezando novo trimestre e como vedes, novos proxectos. Comezamos con dous proxectos moi especiais para nós: - Imos comezar a traballar o proxecto "Xermoliño", enmarcado no Plan Proxecta. É un proxecto que levamos a cabo entre todos os compañeiros e compañeiras do colexio, desde Educación Infantil ata Educación Primaria, relacionado cos alimentos vivos e en relación ao proxecto do ano pasado.  A nosa función neste proxecto é aprender e poder ensinarvos moitas cousas sobre a reciclaxe. Animádesvos a quedar connosco para saber todo o que imos pescudando ao longo do trimestre? :)- Outro proxecto moi especial é este blogue. É  algo que nos fai moita ilusión, porque ademais de poder mostrar todo o que facemos no cole relacionado co proxecto tamén vos ensinaremos materiais e actividades moi guais que imos facendo nas diferentes materias. Ademais a nosa profe incluirá materiais de ampliación que nos serven para aprender máis facilmente contidos que ás veces nos custan un pouquiño máis aprender. Estamos seguros e seguras que lle sacaremos moitísimo partido. Por último, darvos a benvida a todos e a todas, e esperamos aprender moito xuntos! 

Publicacións populares deste blog

BOAS VACACIÓNS

Chegaron as ansiadas vacacións de verán, espero que as desfrutedes moito e sobre todos que sexades uns e unhas bos/boas nenos/as :) Cargade ben as pilas para a volta. Quen queira deberes de verán aquí tedes unha lista recomendada :)

Limpeza da praia da Concha

Que día tan axetreado! Esta mañá fomos a facer unha labor moi dura, limpar a praia da Concha, en Cee. Decidimos limpar todo o lixo que alí atopábamos (moito máis do esperado), xa que o 8 de xuño, foi o Día Mundial dos Oceanos. Ademáis está moi relacionado co noso proxecto deste curso.  Con esta actividade tamén levamos a cabo un challenge (ou un reto) que se está a promover nas redes sociais. O challenge consiste en que o máximo número de persoas limpen as praias das nosas costas e promocionar o desenvolvemento sostible. E como nos gustan tanto os retos, e para un que era realmente útil, decidimos facelo.  Cando rematamos, chamamos ao Concello de Cee para ver se nos podía axudar a recoller todo o lixo recollido, e temos que recoñecer, que foron rapidísimos, en 5 minutos estaban recollendo todo.  Na volta a clase, viñemos cantando o noso Hit "Recicla" para concienciar a poboación. Aquí vos deixamos unhas fotos do día :) ...

Preparando a exposición!

Boas tardes a todos e a todas :) Esta mañá estivemos preparando o noso rinconciño na exposición do cole. A verdade é que todos e todas debedes vir a visitar a exposición o venres, xa que a profe Leti (entre outros/as mestres/as) está deixando a exposición preciosa! Colocamos todos os materiais e preparamos as explicacións, xa que o venres teremos representantes de quinto no noso posto, concretamente Martina, Alejandro, Javi, Carme, Fran e Sara Fernández. Eles e elas estarán explicando en todo momento todo o noso traballo ao longo deste trimestre. Aquí vos deixamos algunhas imaxes de como vai quedando :)