Saltar ao contido principal

Rincóns de 5ºB


Boa tarde de luns :)


En 5ºB hoxe tivemos un día moi axetreado, xa que estivemos colocando os "rincóns" que a profe nos preparou para clase.







Como vedes, creamos o rincón de lácteos na escola e o noso novo rincón de reciclaxe onde iremos colocando os materiais e os traballos do noso proxecto.






Como vedes tamén animamos a nosa biblioteca de aula cos nosos amigos lectores, que fan máis animada a nosa biblioteca de aula :)






Este é un dos nosos rincóns preferidos, xa que cando rematamos algunha actividade antes de tempo podemos escoller unha actividade deste rincón. Temos moita variedade: tarxetas con tarefas, o emocionario, un manual para soñar, un memory, un abremente, un mikado, un xogo "dedos locos", un xogo de mímica... Deste xeito mentres xogamos estamos entrenado a memoria, a atención e a percepción.



E iso é todo por hoxe, ata outro día compañeiros e compañeiras :)

Publicacións populares deste blog

BOAS VACACIÓNS

Chegaron as ansiadas vacacións de verán, espero que as desfrutedes moito e sobre todos que sexades uns e unhas bos/boas nenos/as :) Cargade ben as pilas para a volta. Quen queira deberes de verán aquí tedes unha lista recomendada :)

Preparando a exposición!

Boas tardes a todos e a todas :) Esta mañá estivemos preparando o noso rinconciño na exposición do cole. A verdade é que todos e todas debedes vir a visitar a exposición o venres, xa que a profe Leti (entre outros/as mestres/as) está deixando a exposición preciosa! Colocamos todos os materiais e preparamos as explicacións, xa que o venres teremos representantes de quinto no noso posto, concretamente Martina, Alejandro, Javi, Carme, Fran e Sara Fernández. Eles e elas estarán explicando en todo momento todo o noso traballo ao longo deste trimestre. Aquí vos deixamos algunhas imaxes de como vai quedando :)

Campeóns de quinto!

Hoxe, na carreira de obstáculos de Dumbría,  alumnos de quinto correron como auténticos campeóns! Que orgullo de alumnos/a 😊