Saltar ao contido principal

Saímos nos medios....

Bo día, estamos moi ilusionados, xa que saímos nos medios, e de feito, en máis de un.
Aquí vos deixamos as novas:

- A Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/cee/2019/06/12/ninos-cpr-manuela-rial-limpiaron-praia-da-concha-cee/0003_201906C12C5994.htm

- Que Pasa na Costa: que nos fixeron portada do día de hoxe.
https://www.quepasanacosta.gal/articulo/cee/alumnado-do-manuela-rial-conciencia-toda-cidadania-limpando-praia-da-concha/20190612075545110543.html

- NH diario:
https://nhdiario.es/es/los-alumnos-del-colegio-manuela-rial-de-cee-concienciados-con-el-medio-ambiente/

Ademais, contannos que onte saimos, sobre as sete da tarde, en Nova hit.
E hoxe as 08:35 na Cadena Ser (Radio Nordés). Esperemos conseguir o audio nos próximos días.

Estamos pendentes tamén do Correo Gallego, que publicara nos vindeiros días.

Publicacións populares deste blog

BOAS VACACIÓNS

Chegaron as ansiadas vacacións de verán, espero que as desfrutedes moito e sobre todos que sexades uns e unhas bos/boas nenos/as :) Cargade ben as pilas para a volta. Quen queira deberes de verán aquí tedes unha lista recomendada :)

Limpeza da praia da Concha

Que día tan axetreado! Esta mañá fomos a facer unha labor moi dura, limpar a praia da Concha, en Cee. Decidimos limpar todo o lixo que alí atopábamos (moito máis do esperado), xa que o 8 de xuño, foi o Día Mundial dos Oceanos. Ademáis está moi relacionado co noso proxecto deste curso.  Con esta actividade tamén levamos a cabo un challenge (ou un reto) que se está a promover nas redes sociais. O challenge consiste en que o máximo número de persoas limpen as praias das nosas costas e promocionar o desenvolvemento sostible. E como nos gustan tanto os retos, e para un que era realmente útil, decidimos facelo.  Cando rematamos, chamamos ao Concello de Cee para ver se nos podía axudar a recoller todo o lixo recollido, e temos que recoñecer, que foron rapidísimos, en 5 minutos estaban recollendo todo.  Na volta a clase, viñemos cantando o noso Hit "Recicla" para concienciar a poboación. Aquí vos deixamos unhas fotos do día :) ...

Preparando a exposición!

Boas tardes a todos e a todas :) Esta mañá estivemos preparando o noso rinconciño na exposición do cole. A verdade é que todos e todas debedes vir a visitar a exposición o venres, xa que a profe Leti (entre outros/as mestres/as) está deixando a exposición preciosa! Colocamos todos os materiais e preparamos as explicacións, xa que o venres teremos representantes de quinto no noso posto, concretamente Martina, Alejandro, Javi, Carme, Fran e Sara Fernández. Eles e elas estarán explicando en todo momento todo o noso traballo ao longo deste trimestre. Aquí vos deixamos algunhas imaxes de como vai quedando :)