Saltar ao contido principal

Papeleras de reciclaxe para o patio :)

Como vos contábamos no post anterior, hoxe rematamos as nosas papeleiras de reciclaxe para o patio.
Para poder elaboralas, empregamos 9 rodas, que limpamos, atornillamos e posteriormente pintamos como vedes nas imaxes. 
Ademais, na nosa clase temos o privilexio, de constituír unha brigada de reciclaxe, que ten como obxectivo: concienciar sobre o reciclaxe, explicar aos máis pequenos/as como se recicla, e vixiar que todo o alumnado recolla e recicle para protexer e savagardar o noso medio. 
Limpando as rodas, recen chegadas

Seguimos limpando 

As rodas atornilladas, coa axuda do noso preciado conserxe Suso, e algunha personiña que nos ven botar unha man.

Hoxe tivemos que volver a limpalas, xa que estos días choveu moito









Pequeno video do proceso :)

Rodas pintadas

Rodas cos carteis e con todo listo




As nosas brigadas de hoxe listas para comezar coa súa labor!



Publicacións populares deste blog

BOAS VACACIÓNS

Chegaron as ansiadas vacacións de verán, espero que as desfrutedes moito e sobre todos que sexades uns e unhas bos/boas nenos/as :) Cargade ben as pilas para a volta. Quen queira deberes de verán aquí tedes unha lista recomendada :)

Limpeza da praia da Concha

Que día tan axetreado! Esta mañá fomos a facer unha labor moi dura, limpar a praia da Concha, en Cee. Decidimos limpar todo o lixo que alí atopábamos (moito máis do esperado), xa que o 8 de xuño, foi o Día Mundial dos Oceanos. Ademáis está moi relacionado co noso proxecto deste curso.  Con esta actividade tamén levamos a cabo un challenge (ou un reto) que se está a promover nas redes sociais. O challenge consiste en que o máximo número de persoas limpen as praias das nosas costas e promocionar o desenvolvemento sostible. E como nos gustan tanto os retos, e para un que era realmente útil, decidimos facelo.  Cando rematamos, chamamos ao Concello de Cee para ver se nos podía axudar a recoller todo o lixo recollido, e temos que recoñecer, que foron rapidísimos, en 5 minutos estaban recollendo todo.  Na volta a clase, viñemos cantando o noso Hit "Recicla" para concienciar a poboación. Aquí vos deixamos unhas fotos do día :) ...

Preparando a exposición!

Boas tardes a todos e a todas :) Esta mañá estivemos preparando o noso rinconciño na exposición do cole. A verdade é que todos e todas debedes vir a visitar a exposición o venres, xa que a profe Leti (entre outros/as mestres/as) está deixando a exposición preciosa! Colocamos todos os materiais e preparamos as explicacións, xa que o venres teremos representantes de quinto no noso posto, concretamente Martina, Alejandro, Javi, Carme, Fran e Sara Fernández. Eles e elas estarán explicando en todo momento todo o noso traballo ao longo deste trimestre. Aquí vos deixamos algunhas imaxes de como vai quedando :)