Saltar ao contido principal

Cómo reciclar?

Boa fin de semana a todos e a todas, temos moitas novas que comentar.
Esta semana comezamos a grabar os nosos traballos sobre o proxecto.
Estes traballos irémolos subindo ao longo da semana. A verdade, que como mestra, estou moi orgullosa do meu alumnado, xa que todos/as foron quenes de facer o seu traballo de xeito cooperativo e autónomo, sen axuda de ningún adulto. O único que tiven que facer foi grabar e montar os vídeos.
Asi que noraboa rapaces/zas :)

Hoxe comezamos co vídeo de: "Cómo reciclar?", de Pablo, Carme, Marcos e Nayara.


Publicacións populares deste blog

BOAS VACACIÓNS

Chegaron as ansiadas vacacións de verán, espero que as desfrutedes moito e sobre todos que sexades uns e unhas bos/boas nenos/as :) Cargade ben as pilas para a volta. Quen queira deberes de verán aquí tedes unha lista recomendada :)

Limpeza da praia da Concha

Que día tan axetreado! Esta mañá fomos a facer unha labor moi dura, limpar a praia da Concha, en Cee. Decidimos limpar todo o lixo que alí atopábamos (moito máis do esperado), xa que o 8 de xuño, foi o Día Mundial dos Oceanos. Ademáis está moi relacionado co noso proxecto deste curso.  Con esta actividade tamén levamos a cabo un challenge (ou un reto) que se está a promover nas redes sociais. O challenge consiste en que o máximo número de persoas limpen as praias das nosas costas e promocionar o desenvolvemento sostible. E como nos gustan tanto os retos, e para un que era realmente útil, decidimos facelo.  Cando rematamos, chamamos ao Concello de Cee para ver se nos podía axudar a recoller todo o lixo recollido, e temos que recoñecer, que foron rapidísimos, en 5 minutos estaban recollendo todo.  Na volta a clase, viñemos cantando o noso Hit "Recicla" para concienciar a poboación. Aquí vos deixamos unhas fotos do día :) ...

Preparando a exposición!

Boas tardes a todos e a todas :) Esta mañá estivemos preparando o noso rinconciño na exposición do cole. A verdade é que todos e todas debedes vir a visitar a exposición o venres, xa que a profe Leti (entre outros/as mestres/as) está deixando a exposición preciosa! Colocamos todos os materiais e preparamos as explicacións, xa que o venres teremos representantes de quinto no noso posto, concretamente Martina, Alejandro, Javi, Carme, Fran e Sara Fernández. Eles e elas estarán explicando en todo momento todo o noso traballo ao longo deste trimestre. Aquí vos deixamos algunhas imaxes de como vai quedando :)